"Ensinar non é transferir contidos da súa cabeza á cabeza dos alumnos. Ensinar é posibilitar que os alumnos, ao promover a súa curiosidade e volvela cada vez máis crítica, produzan o coñecemento en colaboración cos profesores"
Paulo Freire

Que é Babot?
Babot é un programa de achegamento ás metodoloxías activas dirixido aos centros de ensino e a entidades vinculadas ao mundo da Educación. O principal obxectivo a conseguir é a creación de coñecemento a través da aprendizaxe activa, a innovación, o traballo en grupo e a inclusión.
Cun modelo pedagóxico innovador motivamos ao alumnado para que pregunten, busquen, exploren, investiguen e sexan construtores do seu coñecemento, dándolles a oportunidade de que poidan expresar e aportar as súas ideas, sendo en definitiva os protagonistas da súa propia aprendizaxe. O alumnado non só adquirirá coñecementos, senón tamén habilidades, actitudes e competencias como pensamento crítico, resolución de problemas, creatividade, comunicación, autonomía, etc.O programa Babot actúa como facilitador para que as nenas e os nenos experimenten estas metodoloxías (Aprendizaxe Baseada en Proxectos, Flipped Classroom, Aprendizaxe baseada en retos, etc.) e para que os centros educativos afronten o cambio con:

Todas as accións de Babot van encamiñadas a promover a aprendizaxe activa e o desenvolvemento de competencias, a través de:
- Formación e asesoramento ao profesorado. Có asesoramento e a formación especializada e personalizada, o equipo pedagóxico de Dismedia titoriza o proceso dende os inicios coa formación do profesorado ata a implantación da metodoloxía.
- Catálogo de proxectos de Babot. A través do catálogo os docentes teñen acceso a unha variedade de proxectos adaptados a cada nivel e que contemplan de forma transversal os contidos de diferentes áreas curriculares. Todos constan da súa xustificación pedagóxica, obxectivos, metodoloxía, proposta de avaliación (heteroavaliación, autoavaliación e avaliación entre iguais), etc.
- Obradoiros complementarios á educación formal. Son encontros de aprendizaxe activa fora da escola. Mediante a busca e a resolta dos retos propostos, as e os participantes asimilan contidos e competencias de forma lúdica nun entorno multidisciplinar.

Babot na escola
Ti elixes. Podes adaptar e personalizar o programa Babot aos teus obxectivos e necesidades.
Propomos diferentes niveis en función das necesidades de formación ou asesoramento do profesorado.
Titorizamos o deseño e posta en marcha do teu proxecto ou ben podes elixir un do noso catálogo e o adaptamos a túa aula e os teus obxectivos a través do noso plan de implantación:


Opinións
Coñece que opinan o profesorado e o alumnado:
Do profesorado:
“A formación foi clarificadora de cara o futuro para a incorporación de proxectos na aula.” CPR Atalaya- Cantabria de Vigo.
“A sesión do deseño do plan de implantación do proxecto resultou participativa, dinámica e con moita reflexión individual, que de non ser por vós no a faríamos” Ceip Plutilingüe de Tarrio de Culleredo.
"A metodoloxía foi adaptada e incorporada á nosa forma de traballo, resultando dinámico é atractivo para os nenos e nenas, e nós mesmas. Os obxectivos acadáronse e foron totalmente adecuados a idade e realidade dos rapaces." Ceip Frian-Teis de Vigo.
“A formación foi moi práctica e nada teórica. As actividades e dinámicas propostas xeraron ideas para levalas o aula” CPR Liceo La Paz de a Coruña.
Do alumnado:
“Aportoume aprender a traballar en equipo, coñecer xente e novas técnicas para facer proxectos”.
“O que mais me gustou foi a construción do prototipo, o equipo de facilitadoras e coordinadoras e o compañeirismo”
Persoal cofinanciado pola Xunta de Galicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 2 de xuño de 2016 (Programa Principia)