1º Eu, aquí e agora

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "1º Eu, aquí e agora" é que as alumnas e os alumnos se acheguen á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, ABP, cun tratamento transversal dos contidos do currículo, realizando unha investigación sobre a súa realidade psico-corporal, sociofamiliar e da súa contorna máis próxima, relacionándoa co paso do tempo.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • representación do corpo e da mente
  • as relacións de parentesco
  • mellora nas habilidades de comunicación oral
  • unidades de medida temporais básicas
  • xeometría
  • adquisición de vocabulario relacionado ca temática
  • recollida e rexistro de información cuantificable e a súa representación gráfica

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer no alumnado o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, a resolución de problemas e o pensamento crítico.

Tanto o deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

 1º Eu, aquí e agora