O Proxecto STEAM: Smash&Bot é unha forma de traballar de xeito divertido as ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas.
O seu obxectivo xeral é achegar ao alumnado á programación informática e á robótica mediante o deseño e prototipado dunha canastra cun marcador de puntos automático.
A súa metodoloxía está deseñada para favorecer o traballo en equipo, a toma de decisións, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, a resolución de problemas e o pensamento crítico.
É un proxecto no que o alumnado creará un prototipo que os axudará a levar ao máximo a súa creatividade.
Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:
Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace: