Descrición do proxecto
O obxectivo xeral do proxecto "3ºESO O cine" é que o alumnado se achegue á metodoloxía do ABP mediante a produción dun proxecto audiovisual de elaboración propia. Neste caso concreto, orientarase esta produción audiovisual á curtametraxe, pero sempre se poderá adaptar ás necesidades, inquietudes e intereses do propio alumnado.
Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:
- iniciación á linguaxe cinematográfica
- busca de información crítica e veraz
- intelixencia emocional, empatía e a expresión de sentimentos mediante a representación dramatizada de personaxes
- escritura creativa mediante o deseño de guións cinematográficos
- introdución aos medios audiovisuais e ás súas ferramentas básicas
- uso das NNTT e as TIC
- autonomía no desenvolvemento de proxectos
A metodoloxía do proxecto "3ºESO O cine" está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, resolución de problemas e pensamento crítico.
O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.
Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace: