4º Emprendemos

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "4º Emprendemos" é que os alumnos e alumnas de 4º da ESO, se acheguen á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, ABP, mediante a creación dun proxecto de empresa motivada para resolver unha problemática real ou unha necesidade previamente detectada na contorna máis inmediata do alumnado ou na sociedade en xeral.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse aspectos relacionados con/coa:

  • busca de necesidades reais na sociedade
  • Design Thinking e o método científico
  • análise do modelo de negocio
  • testeo dos produtos ou servicios
  • estudio de viabilidade e recursos financeiros axeitados
  • formas xurídicas
  • técnicas de marketing
  • oratoria
  • presentación e defensa de ideas, entre outros aspectos.

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, a resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

4º Emprendemos