4º O robot viaxeiro

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "4º O robot viaxeiro" é que o alumnado se achegue á metodoloxía do ABP mediante o deseño e posta en marcha dunha feira de turismo na escola para coñecer as distintas rexións de España.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • xeografía das distintas rexións de España
  • cultura e costumes das distintas rexións
  • personaxes históricos
  • folclore
  • gastronomía
  • flora e fauna
  • monumentos arquitectónicos de interese
  • oferta cultural
  • investigación científica mediante a observación e a busca documental
  • novas tecnoloxías e as Tic como fonte de aprendizaxe
  • autonomía no desenvolvemento de proxectos
  • toma de decisións en grupo
  • análise e reelaboración da información atopada
  • actividades de role playing
  • habilidades comunicativas orais e escritas en galego, castelán e inglés
  • deseño, orixinalidade e creatividade
  • iniciación á robótica educativa

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, iniciativa e o espírito emprendedor, resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Novas actividades de robótica

Engadimos novas actividades de robótica para traballar co mBot. Deseñadas para complementar o proxecto dende unha perspectiva lúdica e gamificada.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

 4º O robot viaxeiro