4ºESO O cine

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "4ºESO O cine" é que o alumnado se achegue á metodoloxía do ABP mediante a produción dun proxecto audiovisual de elaboración propia. Neste caso concreto, orientarase esta produción audiovisual á curtametraxe, pero sempre se poderá adaptar ás necesidades, inquietudes e intereses do propio alumnado.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • iniciación á linguaxe cinematográfica
  • busca de información crítica e veraz
  • intelixencia emocional, empatía e a expresión de sentimentos mediante a representación dramatizada de personaxes
  • escritura creativa mediante o deseño de guións cinematográficos
  • introdución aos medios audiovisuais e ás súas ferramentas básicas
  • uso das NNTT e as TIC
  • autonomía no desenvolvemento de proxectos

A metodoloxía do proxecto "4ºESO O cine" está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, resolución de problemas e pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

4º O cine