5º A nosa guía de viaxe

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "5º A nosa guía de viaxe" é que os alumnos e alumnas se acheguen á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos mediante a investigación dun territorio e o deseño e desenvolvemento dunha guía de viaxe que dea conta do máis característico e relevante do mesmo coma traballo previo á realización dunha excursión ou visita. Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • iniciación do alumnado no proceso da investigación e análise de información
  • organización da excursión
  • establecemento de normas
  • observación
  • documentación e análise de contidos relacionados co patrimonio cultural
  • características da fauna e flora e criterios básicos de diferenciación
  • a auga na natureza
  • gastronomía

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

5º A nosa guía de viaxe