5º A radio

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "5º A radio" é que o alumnado se achegue á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos mediante o deseño e posta en marcha dun programa de radio na clase para fomentar o uso da lingua galega.

Este proxecto foi deseñado a medida para o CEIP Plurilingüe de Tarrío de acordo aos intereses e inquietudes do profesorado de 5º de Primaria.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • competencias lingüísticas orais e escritas da lingua galega
  • adquisición de vocabulario
  • distintas tipoloxías textuais
  • investigación sobre a realidade sociocultural da contorna inmediata
  • buscaa de información e documentación
  • reelaboración da información atopada
  • escritura creativa
  • comunicación oral
  • dramatización e representación de roles e personaxes

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor, a resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

5º A radio