5º Educación viaria

5º Educación viaria

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "5º Educación viaria” é que o alumnado se aproxime á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, que trata os contidos do currículo de maneira transversal, traballando a educación viaria mediante a programación informática e a robótica.

O proxecto "5º Educación viaria" é a versión estendida do "Piloto Babot: Educación Viaria" deseñado polo equipo pedagóxico de Dismedia para o curso de 5º de Primaria do Ceip Frian-Teis de Vigo. Presenta actividades e materiais extra non contidos no Piloto Babot, ademais dunha ampliación da concreción curricular e das horas lectivas de dedicación ao mesmo.

Está orientado a traballar, entre outros, os seguintes aspectos:

  • investigación e recollida de información
  • xeometría
  • expresión oral e escrita
  • uso das Novas Tecnoloxías e as TIC
  • introdución á programación informática, con Scratch
  • introdución á robótica, co robot educativo Zowi

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias crave e valores sociais, a creatividade, iniciativa e espírito emprendedor, a resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

5º Educación viaria