5º Guía de viaxe (Torre de Celas de Peiro)

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "5º Guía de viaxe" é que os alumnos e alumnas se acheguen á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, ABP, mediante o deseño dunha guía de viaxe para a excursión programada de fin de curso á Torre de Celas de Peiro no concello de Culleredo.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • iniciación do alumnado no proceso da investigación
  • organización da excursión
  • seguridade viaria
  • observación
  • documentación e análise de contidos relacionados co patrimonio cultural
  • características das plantas e criterios básicos de diferenciación
  • importancia da auga
  • alimentación saudable
  • modelaxe e maquetación
  • o xogo

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

5º Guía de viaxe (Torre de Celas de Peiro)