5º Imos de excursión

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "5º Imos de excursión" é que o alumnado se achegue á metodoloxía do ABP mediante a planificación, en grupos cooperativos, dunha excursión a un lugar que resulte de interese para o grupo de aula, cun tratamento transversal dos contidos do currículo.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • proceso de documentación e recollida de información
  • planificación e deseño de actividades
  • elaboración de presupostos
  • planificación de itinerarios
  • autonomía á hora de planificar actividades de ocio e tempo libre
  • comunicación oral e escrita
  • defensa das propias propostas mediante a exposición oral
  • desenvolvemento autónomo na rúa, usando mapas, planos e medios de transporte urbanos

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, a toma de decisións, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, resolución de problemas e pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

5º Imos de excursión