5º O cine

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "5º O cine" é que os alumnos e alumnas se acheguen á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos mediante a produción dun proxecto audiovisual de elaboración propia. Neste caso concreto, orientarase esta produción audiovisual á curtametraxe, pero sempre se poderá adaptar ás necesidades, inquietudes e intereses do propio alumnado.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • iniciación á linguaxe cinematográfica
  • busca de información crítica e veraz
  • intelixencia emocional, empatía e a expresión de sentimentos mediante a representación dramatizada de personaxes
  • escritura creativa mediante o deseño de guións cinematográficos
  • introdución aos medios audiovisuais e ás súas ferramentas básicas
  • uso da NNTT e as TIC
  • autonomía no desenvolvemento de proxectos

A metodoloxía do proxecto " 5º O cine" está deseñada para favorecer o traballo cooperativo entre os alumnos e alumnas, a resolución pacífica dos conflitos xurdidos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor, resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o/a docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

 5º O cine