Descrición do proxecto
O obxectivo xeral do proxecto "6º A nosa guía de viaxe" é que os alumnos e alumnas se acheguen á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos mediante a investigación dun territorio e o deseño e desenvolvemento dunha guía de viaxe que dea conta do máis característico e relevante do mesmo coma traballo previo á realización dunha excursión ou visita. Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:
- iniciación do alumnado no proceso da investigación e análise de información
- organización da excursión
- establecemento de normas
- observación
- documentación e análise de contidos relacionados co patrimonio cultural
- características da fauna e flora e criterios básicos de diferenciación
- a auga na natureza
- gastronomía
A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, resolución de problemas e o pensamento crítico.
O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.
Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:
Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace: