6º Guía de viaxe (Granxa Escola)

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "6º Guía de viaxe" é que as alumnas e os alumnos de 6º de Educación Infantil se acheguen á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en proxectos, ABP, mediante o deseño dunha guía de viaxe para a excursión programada de fin de curso a unha granxa escola.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • organización da excursión
  • seguridade viaria
  • iniciación do alumnado no proceso de investigación
  • observación
  • documentación e análise de contidos relacionados ca granxa e a natureza: os animais, a horta, elaboración de produtos, etc.
  • modelaxe e maquetación
  • adquisición de vocabulario relacionado ca temática
  • clasificación segundo diversos criterios

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

6º Guía de viaxe (Granxa Escola)