1º A nosa contorna natural

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "1º A nosa contorna natural" é que o alumnado se achegue á metodoloxía do ABP, cun tratamento transversal dos contidos do currículo, mediante a análise do contorno natural máis inmediato, da observación, clasificación dos seus elementos e o deseño dunha representación teatral para concienciar sobre a necesidade de respectar e protexer o medio ambiente.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • flora do contorno máis inmediato e a súa clasificación
  • recollida e rexistro de información cuantificable e a súa representación gráfica
  • xeometría
  • fomento da escritura creativa
  • adquisición de vocabulario relacionado ca temática
  • mellora nas habilidades de comunicación oral
  • expresión corporal e de emocións mediante a representación teatral

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, resolución de problemas e pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

1º A nosa contorna natural