Obxectivos
O obxectivo xeral do curso de formación é achegar aos e ás docentes os coñecementos, as ferramentas e os recursos necesarios para a implantación dunha radio escolar no seu centro educativo.
Os obxectivos específicos son:
- Aproximar ás fases do deseño dun proxecto de radio escolar.
- Descubrir ferramentas e recursos metodolóxicos e técnicos.
- Aprender a manexar os recursos necesarios para realizar unha emisión dun programa.
- Converter á radio nun proxecto multidisciplinar e transversal.
Metodoloxía
O curso de formación combinará contidos teóricos e prácticos, cunha especial relevancia da parte práctica, na que en grupos cooperativos ou de forma individual, os/as asistentes ao curso poñerán en práctica o aprendido, para o que serán titorizados/as e asesorados/as en todo momento polo equipo pedagóxico de Dismedia.
Temporalización
8 horas
Estrutura da formación
- Presentación da formación
- Aproximación teórica ás fases do deseño dun proxecto de radio escolar
- Recursos metodolóxicos
- Aprendizaxe cooperativa
- Roles
- Agrupamentos
- Recursos técnicos
- Tipos
- Uso e manexo
- Gravación dunha emisión
- A radio coma proxecto multidisciplinar e transversal
- Valoración e despedida da formación