Aprendizaxe Baseada en retos: da teoría á práctica

 

Obxectivos

O obxectivo xeral da formación é aproximar aos e ás docentes á aprendizaxe baseada en retos STEAM e ao Design Thinking mediante o deseño, fundamentación pedagóxica e curricular e posta en marcha dun reto relacionado coa programación informática e a robótica educativa.

Os obxectivos específicos son:

  • Aproximar teoricamente á aprendizaxe baseada en retos STEAM e ás súas fases.
  • Coñecer a metodoloxía do Design Thinking e as súas ferramentas.
  • Valorar a figura do/a mestre/a coma facilitador/a na aprendizaxe baseada en retos.
  • Descubrir ferramentas e recursos metodolóxicos e técnicos para a innovación na aula.
  • Manexar recursos e kits tecnolóxicos de programación informática e robótica educativa.
  • Coñecer as fases no deseño dun reto transversal e multidisciplinar.
  • Xustificar o proxecto dende un punto de vista didáctico e curricular.
  • Coñecer e deseñar distintas ferramentas de avaliación.
  • Por en marcha o reto con alumnado do centro.
  • Avaliar a súa implantación dende un punto de vista pedagóxico.

Metodoloxía

O curso de formación combinará contidos teóricos e prácticos, cunha especial relevancia da parte práctica, na que en grupos cooperativos ou de forma individual, os/as asistentes ao curso deseñarán un reto que porán en marcha co propio alumnado, para o que serán titorizados/as e asesorados/as en todo momento polo equipo pedagóxico de Dismedia.

Temporalización

20 horas (teoría e deseño)

8 horas (posta en marcha do reto co alumnado)

Estrutura da formación

1. Presentación da formación

2. A aprendizaxe baseada en retos STEAM e as súas fases

3. O Design Thinking e as súas ferramentas

4. A figura do/a facilitador/a

5. Introdución á programación informática e á robótica educativa

  • A programación informática por bloques
  • Kits de robótica educativa: funcionamento e posibilidades

6. Deseño dun prototipo de reto

  • Definición do reto
  • Obxectivos xerais e específicos
  • Fases a seguir para a consecución do reto
    • Dinámicas e técnicas
    • Agrupamentos
    • Temporalización
    • Escenarios e organización de espazos
    • Recursos materiais
  • Xustificación pedagóxica e curricular
  • A avaliación

7. Deseño do plan de implantación

8. Posta en marcha do reto co alumnado

9. Valoración e despedida da formación