Aprendizaxe baseada en retos STEAM

Obxectivos

O obxectivo xeral do curso de formación é aproximar aos e ás docentes á aprendizaxe baseada en retos STEAM mediante o deseño, integración e fundamentación pedagóxica e curricular dun reto relacionado coa programación informática e a robótica educativa.

Os obxectivos específicos son:

  • Aproximar teoricamente ás Metodoloxías Activas.
  • Introducir á aprendizaxe baseada en retos STEAM e ás súas fases.
  • Coñecer o Design Thinking e a súa aplicación no ensino.
  • Descubrir ferramentas e recursos metodolóxicos e técnicos para a innovación na aula.
  • Manexar recursos e kits tecnolóxicos de programación informática e robótica educativa.
  • Coñecer as fases no deseño dun proxecto baseado en retos transversal e multidisciplinar.
  • Xustificar o reto dende un punto de vista didáctico e curricular.
  • Coñecer e deseñar distintas ferramentas de avaliación.
  • Deseñar un plan de posta en marcha e de difusión do reto.

 

Metodoloxía

O curso de formación combinará contidos teóricos e prácticos, cunha especial relevancia da parte práctica, na que en grupos cooperativos ou de forma individual, os/as asistentes ao curso deseñarán un reto baseado na programación informática e na robótica educativa, para o que serán titorizados/as e asesorados/as en todo momento polo equipo pedagóxico de Dismedia.

 

Temporalización

15 horas

 

Estrutura da formación

1. Presentación da formación

2. Aproximación teórica ás Metodoloxías Activas

  • Aprendizaxe baseada en retos STEAM
  • Design Thinking

3. Introdución á programación informática e á robótica educativa

  • A programación informática por bloques
  • Kits de robótica educativa: funcionamento e posibilidades

4. Deseño dun reto

  • Definición do reto
  • Obxectivos xerais e específicos
  • Fases a seguir para a consecución do reto
    • Dinámicas e técnicas
    • Agrupamentos
    • Temporalización
    • Escenarios e organización de espazos
    • Recursos materiais
  • Xustificación pedagóxica e curricular
  • A avaliación

5. Estratexias para a difusión e implantación do reto na aula

6. Presentación dos retos

7. Valoración e despedida da formación