Obxectivos
O obxectivo xeral do curso de formación é a aproximación teórica e práctica ás Programacións Didácticas na FP seguindo as indicacións da lexislación vixente.
Os obxectivos específicos son:
- Aproximar ao marco lexislativo actual na comunidade de Galicia.
- Descubrir os aspectos básicos a ter en conta para o desenvolvemento dunha Programación Didáctica.
- Usar e manexar a aplicación da Xunta para a elaboración de Programacións Didácticas.
Metodoloxía
O curso de formación combinará contidos teóricos e prácticos, tendo unha especial relevancia estes últimos. Aportaranse todos os materiais teóricos necesarios para o correcto desenvolvemento da formación. Os/as asistentes ao curso serán titorizados/as e asesorados/as en todo momento polo equipo pedagóxico de Dismedia.
Temporalización
12 horas
Estrutura de contidos
1. Presentación da formación
2. Marco lexislativo actual
3. O currículo da Formación Profesional
4. Conceptos clave
5. As Programacións Didácticas na FP
- Introdución á aplicación da Xunta
- Visión xeral das fases para a elaboración de Programacións Didácticas
- Exemplos de programacións
- Elaboración da Programación Didáctica por etapas
- Preguntas frecuentes
6. Valoración e despedida da formación