Durante esta semana finalizamos o curso de Formación para o Deseño de novos Proxectos ABP no Colexio Hijas de Cristo Rey en A Coruña. Este centro educativo está a implantar o uso do ABP como unha alternativa a outros métodos máis habituais nos colexios. A pesar das dúbidas e inquedanzas que xera o implantar unha […]
Categoría: Sin categoría
Escola de Nais e Pais
Durante o pasado curso escolar o noso equipo levou ao cabo sesións de Escola de Nais e Pais en varios centros de Galicia, co obxectivo de sensibilizar ás familias respecto da importancia do uso da robótica educativa coma medio de aprendizaxe transversal e multidisciplinar. A robótica é unha alternativa lúdica a ter en conta posto que […]
A radio no Colexio Atalaya Cantabria
Nesta entrada queremos facer mención ao Proxecto Babot A radio no Colexio Atalaya Cantabria, no que, usando coma base o proxecto do noso catálogo, e despois de varias reunións co noso equipo pedagóxico para adaptar o proxecto base ás súas necesidades, desenvolveron o seu propio programa de radio ao que chamaron La voz del Atalaya. Aínda […]
Programacións Didácticas na Formación Profesional
Durante o pasado mes de abril o noso equipo realizou unha formación sobre as Programacións Didácticas na Formación Profesional no Colexio Valle Inclán de Ourense coa colaboración de CECE Galicia. O obxectivo xeral do curso de formación foi a aproximación teórica e práctica ás Programacións Didácticas na FP seguindo as indicacións da lexislación actual. Durante […]
Proxectos Babot no Divino Maestro de Lugo
Nesta entrada queremos presentar os resultados da implantación durante este curso escolar dos Proxectos Babot no Divino Maestro de Lugo, no que participaron todos os cursos de Infantil, Primaria e Secundaria. Posto que a cidade de Lugo é paso do Camiño de Santiago, os e as docentes de Infantil e Primaria aproveitaron os nosos proxectos […]
Aprendizaxe por descubrimento
Jerome S. Bruner na súa Teoría da Categorización resalta o papel da actividade coma parte fundamental en todo o proceso de aprendizaxe, sendo a experiencia persoal de descubrir a información, é dicir, a aprendizaxe por descubrimento, unha das condicións para aprender de forma significativa. O docente non expón os contidos de forma totalmente acabada, senón […]
A aprendizaxe baseada na neuroeducación
A entrada desta semana será unha breve introdución sobre a aprendizaxe baseada na neuroeducación, os seus principios básicos e orientadores vínculados á práctica educativa. A neuroeducación ou neuropedagoxía é a disciplina que promove unha maior integración das ciencias da educación con aquelas que se ocupan do desenvolvemento neurolóxico, coma poden ser a medicina, a psicoloxía […]
Os roles na Aprendizaxe Cooperativa
Nesta entrada veremos a importancia que teñen os roles na Aprendizaxe Cooperativa, valorando algunha das súas vantaxes e establecendo os tipos de roles que podemos atopar. Ao planificar unha clase o profesorado deberá ter en conta as accións concretas que desenvolverá o alumnado para unha determinada tarefa. Unha forma de organizar o traballo en equipo […]
Dinámicas de presentación
Hoxe presentaremos nesta entrada dúas dinámicas de presentación perfectas para que os membros dun grupo de nova creación se vaian coñecendo entre si. Son dinámicas para romper o xeo inicial e que resultan idóneas para comezar a coñecerse dunha forma amena e divertida. Ambas dinámicas poden utilizarse tanto con rapaces e rapazas, coma con adolescentes […]
Dinámicas de concentración
Nesta entrada presentaremos dúas dinámicas de concentración moi útiles para centrar ao alumnado antes de comezar a traballar, ademais de para fomentar a súa imaxinación e creatividade. Contos colectivos Esta primeira dinámica, ademais de para favorecer a concentración dos participantes, tamén pode ser utilizada de maneira lúdica. Materiais necesarios: Un folio e bolígrafos Tempo dedicado: […]