Obxectivos
O obxectivo xeral do curso de formación é a aproximación teórica e práctica ás Metodoloxías Activas, en especial á Aprendizaxe Baseada en Proxectos, mediante o deseño, fundamentación pedagóxica e curricular e implantación dun proxecto ABPy.
Os obxectivos específicos son:
- Aproximar teoricamente ás Metodoloxías Activas, en especial á Aprendizaxe Baseada en Proxectos.
- Descubrir ferramentas e recursos metodolóxicos e técnicos para a innovación na aula.
- Deseñar un proxecto ABPy transversal e multidisciplinar.
- Xustificar o proxecto dende o punto de vista pedagóxico e curricular.
- Coñecer e deseñar distintas ferramentas para a autoavaliación, avaliación entre iguais e heteroavaliación do alumnado.
- Deseñar un plan de posta en marcha e difusión do proxecto axeitado.
Metodoloxía
O curso de formación combinará contidos teóricos e prácticos, tendo unha especial relevancia estes últimos. Aportaranse todos os materiais teóricos necesarios para o correcto desenvolvemento da formación. Os/as asistentes ao curso serán titorizados/as e asesorados/as en todo momento polo equipo pedagóxico de Dismedia.
Temporalización
40 horas
Estrutura da formación
1. Presentación da formación
2. Aproximación teórica ás Metodoloxías Activas e ao Aprendizaxe Baseada en Proxectos
3. Definición e contextualización do produto final
4. Formulación de obxectivos xerais e específicos
5. Visión xeral do proxecto
6. Deseño de actividades
- Pasos a seguir
- Agrupamentos
- Temporalización
- Escenarios e organización de espazos
- Recursos materiais
- Xustificación pedagóxica e curricular
- Contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe
- Modelos de pensamento e ensinanza
- Intelixencias Múltiples
- A avaliación
7. Estratexias para a difusión do proxecto
8. Deseño do plan de implantación do proxecto
- Intereses
- Compromiso
- Motivación
- Dinámicas grupais e estruturas de traballo cooperativo
- Liña do tempo e cronoloxía
9. Presentación dos proxectos
10. Valoración e despedida da formación
Documentación do curso de formación
No seguinte enlace atoparás toda a documentación teórico-práctica necesaria para seguir o curso de formación:
Documentación da formación ´Deseño e xustificación didáctica e curricular de proxectos ABP´