Obxectivos
O obxectivo xeral do curso de formación é a aproximación teórica e práctica ás Metodoloxías Activas mediante a elaboración dun proxecto baseado no Flipped Classroom ou Clase Invertida adaptado e específico aos contidos impartidos por cada docente participante.
Os obxectivos específicos son:
- Aproximar ás Metodoloxías Activas.
- Descubrir recursos metodolóxicos e dinámicas de aula.
- Detectar necesidades na aula e propoñer dinámicas alternativas que as solventen.
- Aproximar á metodoloxía Flipped Classroom.
- Descubrir ferramentas e recursos metodolóxicos e técnicos para a innovación na aula.
- Deseñar un proxecto Flipped Classroom.
Metodoloxía
O curso de formación combinará contidos teóricos e prácticos, cunha especial relevancia da parte práctica, na que en grupos cooperativos ou de forma individual, os/as asistentes ao curso deseñarán un prototipo de proxecto ABP, para o que serán titorizados/as e asesorados/as en todo momento polo equipo pedagóxico de Dismedia.
Esta formación recoméndase para o profesorado de Secundaria e Bacharelato.
Temporalización
20 horas
Estrutura da formación
1. Presentación da formación
2. Introdución ás Metodoloxías Activas e ao Flipped Classroom
3. Deseño dun proxecto Flipped Classroom
- Esbozo xeral do proxecto
- A pílula formativa
- Deseño da parte práctica
- Definición de obxectivos
- Pasos a seguir
- Temporalización
- Agrupamentos
- Escenarios e organización de espazos
- Recursos materiais
4. A xustificación didáctica e curricular do proxecto
- Contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe
- Modelos de pensamento e ensinanza
- Intelixencias Múltiples
5. A avaliación: ferramentas e recursos
6. Estratexias para a difusión do proxecto
7. Deseño do plan de implantación do proxecto
- Intereses
- Compromiso
- Motivación
- Dinámicas grupais e estruturas de traballo cooperativo
- Liña do tempo e cronoloxía
8. Presentación dos proxectos
9. Valoración e despedida da formación
Documentación da formación
No seguinte enlace atoparás toda a documentación teórico-práctica necesaria para seguir o curso de formación:
Documentación da formación ´Deseño de proxectos baseados na metodoloxía Flipped Classroom´