O Design Thinking e a aprendizaxe baseada en retos

 

Obxectivos

O obxectivo xeral do curso de formación é aproximar aos e ás docentes ao Design Thinking e á aprendizaxe baseada en retos mediante o deseño, fundamentación pedagóxica e curricular e implantación dun proxecto.

Os obxectivos específicos son:

  • Coñecer a metodoloxía do Design Thinking e as súas ferramentas.
  • Aproximar teoricamente á aprendizaxe baseada en retos e ás súas fases.
  • Descubrir ferramentas e recursos metodolóxicos e técnicos para a innovación na aula.
  • Coñecer as fases no deseño dun proxecto baseado en retos transversal e multidisciplinar.
  • Xustificar o proxecto dende un punto de vista didáctico e curricular.
  • Coñecer e deseñar distintas ferramentas de avaliación.
  • Deseñar un plan de posta en marcha e de difusión do proxecto.

Metodoloxía

O curso de formación combinará contidos teóricos e prácticos, cunha especial relevancia da parte práctica, na que en grupos cooperativos ou de forma individual, os/as asistentes ao curso deseñarán un prototipo de proxecto, para o que serán titorizados/as e asesorados/as en todo momento polo equipo pedagóxico de Dismedia.

Temporalización

 20 horas

Estrutura da formación

1. Presentación da formación

2. Aproximación teórica ás fases do Design Thinking

  • Investigación, exploración e ideación
  • Prototipado
  • Experimentación
  • Implantación
  • Presentación

3. Deseño dun prototipo de proxecto

  • Definición do reto
  • Obxectivos xerais e específicos
  • Fases a seguir para a consecución do reto
    • Dinámicas e técnicas
    • Agrupamentos
    • Temporalización
    • Escenarios e organización de espazos
    • Recursos materiais
  • Xustificación pedagóxica e curricular
    • Contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe
    • Modelos de pensamento e ensinanza
    • Intelixencias Múltiples
  • A avaliación

4. Estratexias para a difusión do proxecto

5. Deseño do plan de implantación do proxecto

  • Intereses
  • Compromiso
  • Motivación
  • Dinámicas grupais e estruturas de traballo cooperativo
  • Liña do tempo e cronoloxía

6. Presentación dos proxectos

7. Valoración e despedida da formación