Dinámicas de presentación

Hoxe presentaremos nesta entrada dúas dinámicas de presentación perfectas para que os membros dun grupo de nova creación se vaian coñecendo entre si.

Son dinámicas para romper o xeo inicial e que resultan idóneas para comezar a coñecerse dunha forma amena e divertida. Ambas dinámicas poden utilizarse tanto con rapaces e rapazas, coma con adolescentes ou incluso con persoas adultas cando asisten a un obradoiro, unha formación, etc.

Presentacións cunha madeixa de la

Tamén coñecida coma a dinámica da tea de araña, con esta dinámica farase unha presentación de cada membro ao gran grupo, coñecendo algunhas características dos e das participantes.

Materias necesarios: unha madeixa de ladinámicas de presentación

Tempo dedicado: 20 minutos

Desenvolvemento: Os e as participantes colócanse en círculo (sentados no chan ou de pé). Un dos membros do círculo colle a madeixa de la e suxeita o e extremo libre, di o seu nome, unha calidade, un interese ou algo que sabe facer moi ben e pasa a madeixa de la a outro/a compañeiro/a sen soltar o extremo. A persoa que recibe a madeixa, rodea un dos seus dedos ca la, fala sobre si mesmo/a e pasa a madeixa a outra persoa. Ao rematar, poderase reflexionar sobre a forma final que adaptou a la, como nos afectamos os uns aos outros (se alguén quixera abandonar a tea de araña como afectaría aos demais), como se sentiron presentándose ao resto, etc.

 

Buscando parella

Esta dinámica tamén resulta idónea para favorecer o primeiro contacto entre membros dun novo grupo.

Materiais necesarios: Obxectos duplicados (bolígrafos, canecas, dados...) e unha bolsa

Tempo dedicado: 30 minutos

Desenvolvemento: Meteranse os obxectos duplicados nunha bolsa (dous caramelos, dous bolígrafos, dúas canecas...), tantos obxectos coma membros do grupo teñamos. Cada participante deberá coller un obxecto da bolsa sen mirar e despois buscar á persoa que teña o mesmo obxecto. Falarán durante 5 minutos sobre distintos aspectos (nome, idade, gustos...) e despois deberán presentar ao seus compañeiro ou compañeira ao resto do grupo.