Formación

A nosa oferta formativa está orientada a ofrecer formación en Metodoloxías Activas mediante o deseño de proxectos (ABP, Flipped Classroom, Aprendizaxe Cooperativa...), deseño de ferramentas de avaliación e o seu uso na aula, elaboración de Programacións Didácticas e demais aspectos organizativos de aula. Todas as nosas formacións combinan contidos teóricos e prácticos de forma que se poidan levar á práctica.

Ofertamos distintos niveis de profundización, dependendo dos intereses, inquietudes e coñecementos previos dos e das asistentes:

 

Formacións introdutorias

Sesións de 4 horas

Nos seguintes enlaces poderás ver a descrición completa das formacións introdutorias:

 

Formacións intermedias

Sesións de entre 6 e 30 horas

Nos seguintes enlaces poderás ver a descrición completa das formacións intermedias:

 

Formacións avanzadas

Cunha temporalización de 40 horas, as formacións avanzadas teñen o obxectivo final de servir para deseñar un proxecto de forma completa, centrándose nas fases para o seu desenvolvemento, na xustificación didáctica e curricular de cada unha, na avaliación, establecendo ademais estratexias para a difusión do proxecto e para a súa correcta implantación na aula.

No seguinte enlace poderás ver a descrición completa da formación avanzada:

 

Ademais, se che interesa algún tema en concreto, contacta con nós e elaboraremos unha oferta personalizada ás túas necesidades.

 

Proxectos elaborados nas formacións

Neste apartado poderás acceder a algúns proxectos elaborados polos/as asistentes ás nosas formacións.

Proxectos elaborados nas formacións