Obxectivos
O obxectivo xeral do curso de formación é aproximar ás distintas fases de desenvolvemento e programación da metodoloxía Flipped Classroom mediante o prototipado dun proxecto.
Os obxectivos específicos son:
- Aproximar ás Metodoloxías Activas e ao Flipped Classroom.
- Formular os obxectivos do proxecto.
- Establecer os contidos teóricos da pílula formativa.
- Esbozo da parte práctica.
- Aproximar ao profesorado á xustificación pedagóxica e curricular do proxecto.
- Coñecer distintas ferramentas de avaliación.
- Reflexionar sobre a organización e difusión do proxecto.
Metodoloxía
O curso de formación combinará contidos teóricos e prácticos, tendo unha especial relevancia a parte práctica.
Esta formación recoméndase para o profesorado de Secundaria e Bacharelato.
Temporalización
4 horas
Estrutura da formación
- Presentación da formación
- Introdución ás Metodoloxías Activas e ao Flipped Classroom
- Prototipado dun proxecto Flipped Classroom
- A xustificación didáctica e curricular do proxecto
- A avaliación: ferramentas e recursos
- Organización e difusión do proxecto
- Valoración e despedida da formación