Introdución á Aprendizaxe Baseada en Proxectos

Obxectivos

O obxectivo xeral do curso de formación é aproximar aos e ás docentes ás distintas fases de desenvolvemento e programación da Aprendizaxe Baseada en Proxectos mediante o prototipado dun proxecto.

Os obxectivos específicos son:

  • Establecer os produtos finais.
  • Formular os obxectivos do proxecto.
  • Definir as fases a seguir para a consecución do produto final.
  • Aproximar ao profesorado á xustificación pedagóxica e curricular do proxecto.
  • Coñecer distintas ferramentas de avaliación.
  • Reflexionar sobre a organización e difusión do proxecto.

Metodoloxía

O curso de formación  combinará contidos teóricos e prácticos, tendo unha especial relevancia a parte práctica.

Temporalización

4 horas

Estrutura da formación

  1. Presentación da formación
  2. Ideación e avaliación de posibles produtos finais
  3. As fases do proxecto ABP
  4. A xustificación didáctica e curricular do proxecto
  5. A avaliación: ferramentas e recursos
  6. Organización e difusión do proxecto
  7. Valoración e despedida da formación