Introdución á Aprendizaxe Cooperativa

 

Obxectivos

O obxectivo xeral do curso de formación é aproximar aos e ás docentes á metodoloxía da Aprendizaxe Cooperativa e á súa aplicación na aula.

Os obxectivos específicos son:

  • Aproximar teoricamente á Aprendizaxe Cooperativa.
  • Coñecer as súas características e compoñentes esenciais.
  • Descubrir as distintas tipoloxías e aspectos a ter en conta para a súa formación.
  • Valorar o uso dos roles na Aprendizaxe Cooperativa.
  • Coñecer os distintos ámbitos de intervención e as súas técnicas.

Metodoloxía

O curso de formación combinará contidos teóricos e prácticos, na que os e as docentes asistentes aproximaranse a esta metodoloxía aprendendo técnicas e recursos para por en marcha na aula,  para o que serán titorizados/as e asesorados/as en todo momento polo equipo pedagóxico de Dismedia.

Temporalización

 4 horas

Estrutura da formación

  1. Presentación da formación
  2. Aproximación teórica á Aprendizaxe Cooperativa
    • Definición
    • Características e compoñentes esenciais
  3. Grupos de aprendizaxe
    • Tipoloxías
    • Formación de grupos
  4. Os roles
  5. Ámbitos de intervención: técnicas, dinámicas, actividades e estruturas
    • A cohesión grupal
    • O traballo en equipo coma recurso
    • O traballo en equipo coma contido
  6. Valoración e despedida da formación