1º O supermercado na clase

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "1º O supermercado na clase" é que o alumnado se achegue á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, ABP, mediante o deseño e posta en marcha dun supermercado simulado na aula, cun tratamento transversal dos contidos do currículo.

Mediante o desenvolvemento do proxecto traballaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • alimentación saudable
  • recollida e clasificación de datos
  • representación e lectura de gráficos
  • uso de moedas e billetes de euro en contextos simulados
  • representación de distintos roles e personaxes
  • reutilización e reciclaxe
  • comunicación oral e escrita en galego, castelán e inglés,
  • adquisición de vocabulario relacionado ca temática
  • iniciación á linguaxe de signos

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias clave e valores sociais, a creatividade, a resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres acceder a este proxecto pincha no seguinte enlace:

O supermercado na clase