Obradoiro ´ABP e robótica nas aulas´ no V Congreso TADEGa 2017

O equipo de Dismedia participará co obradoiro ABP e robótica nas aulas no V Congreso TADEGa 2017.

Coma festexo do seu décimo aniversario, a asociación TADEGa organiza un congreso co lema "Destino: inclusión educativa e dixital".Obradoiro ABP e robótica nas aulas no V Congreso TADEGa 2017

Terá lugar os días 20 e 21 de outubro na Facultade de Educación da Universidade da Coruña.

Mediante o noso obradoiro ABP e robótica nas aulas analizaremos como integrar a Aprendizaxe Baseada en Proxectos, a robótica educativa e o currículo educativo oficial. Neste obradoiro experimentarás en primeira persoa un Proxecto STEAM do catálogo Babot que conxuga a programación informática e a robótica educativa coas diferentes áreas do currículo mediante un proxecto ABP. Un obradoiro divertido e motivador que poderás por en marcha na túa aula. Anímaste?

Para obter máis información acerca da oferta do V Congreso TADEGa segue este enlace. Para inscribirte clica aquí.