Obradoiro para a implantación de proxectos Babot

 

Obxectivos

O obxectivo xeral deste obradoiro é o de reflexionar e deseñar un plan de implantación viable do proxecto do catálogo Babot adaptado ás necesidades da aula onde se levará a cabo.

Os obxectivos específicos son:

  • Achegar á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos.
  • Reflexionar sobre a organización do proxecto atendendo á dimensión real do mesmo, aos recursos necesarios e ás colaboracións a realizar.
  • Elaborar un plan de difusión da experiencia.
  • Deseñar un plan de implantación do proxecto atendendo aos intereses, compromiso e motivación do alumnado.
  • Establecer unha liña de tempo ou cronoloxía para a correcta organización da implantación.

Metodoloxía

O obradoiro combinará contidos teóricos e prácticos, tendo especial relevancia estes últimos. O profesorado participante traballará en grupos de traballo distribuidos polos proxectos a implantar na aula.

Temporalización

4 horas

Estrutura da formación

1. Presentación de Babot

2. Introdución á Aprendizaxe Baseada en Proxectos

3. Exemplo dun proxecto Babot na aula

4. Análise e implantación dun proxecto na aula

  • Organización do proxecto
    • Obxectivos
    • Dimensión
    • Recursos necesarios
    • Colaboracións
    • Difusión
  • Intereses do alumnado
  • O compromiso co proxecto
  • A motivación
  • Preparando ao alumnado para o traballo en grupo
  • Liña do tempo ou cronoloxía

5. Valoración e despedida do obradoiro