Piloto Babot: Educación viaria

Descrición do proxecto

O obxectivo xeral do proxecto "Piloto Babot: Educación viaria" é que o alumnado se achegue á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, ABP, que trata os contidos do currículo de maneira transversal, traballando a educación viaria mediante a programación informática e a robótica.

Este proxecto foi deseñado de acordo coas inquietudes e intereses das profesoras de 5º de Primaria do Ceip Frian-Teis de Vigo. Orientouse a traballar aspectos relacionados con/coa:

  • investigación e recollida de información
  • xeometría
  • expresión oral e escrita
  • uso de novas tecnoloxías
  • introdución á programación informática con Scratch e á robótica, co robot educativo Zowi.

A metodoloxía do proxecto está deseñada para favorecer o traballo cooperativo, a resolución pacífica de conflitos, o reforzo de competencias crave e valores sociais, a creatividade, resolución de problemas e o pensamento crítico.

O seu deseño, metodoloxía, temporalización e estrutura están pensados para poder ser implantado en calquera momento que o docente o estime oportuno, podendo dedicarse en exclusiva ao proxecto, ou compatibilizándoo con outras actividades de aula.

Podes consultar aquí a concreción curricular deste proxecto:

Concreción curricular

Se queres podes acceder de forma gratuíta a todo o contido deste proxecto pinchando no seguinte enlace:

Proxecto piloto de Babot: Educación viaria