Presentamos Babot nas I Jornadas Internacionales InclúyeT

A tarde do xoves 14 de setembro presentamos Babot nas I Jornadas Internacionales InclúyeT, organizadas polo Grupo de Investigación Stellae e a Universidade de Santiago de Compostela.

Presentamos Babot nas I Jornadas Internacionales InclúyeT

 

Estas xornadas serán un espazo de encontro e diálogo en torno á competencia dixital para todos os ámbitos educativos. Os seus obxectivos son, por unha banda, profundizar na competencia dixital e a súa relación cos procesos de e-inclusión, e por outra, crear un espazo de diálogo e colaboración entre distintos axentes da comunidade educativa.

O equipo de Dismedia está convidado a presentar o proxecto "Piloto Babot: Educación viaria" dentro da liña temática experiencias na aula coa tecnoloxía. Este proxecto foi deseñado para a súa implantación co alumnado de 5º de Primaria no CEIP Frian-Teis de Vigo durante o curso 2015-2016. O seu obxectivo xeral era o de converterse nunha forma de achegamento á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, á robótica educativa e á programación informática mediante o tema central e transversal da educación viaria.

As xornadas terán lugar o mércores 13 e o xoves 14 de setembro na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela. Se queres máis información segue este enlace.