Durante o pasado mes de abril o noso equipo realizou unha formación sobre as Programacións Didácticas na Formación Profesional no Colexio Valle Inclán de Ourense coa colaboración de CECE Galicia.
O obxectivo xeral do curso de formación foi a aproximación teórica e práctica ás Programacións Didácticas na FP seguindo as indicacións da lexislación actual.
Durante catro sesións de formación os e as asistentes coñeceron o marco teórico e lexislativo actual relacionado coa Formación Profesional en Galicia, pasando despois a familiarizarse coa aplicación informática da Xunta para realizar as programacións, mediante sesións demostradoras e exemplos.
O noso obxectivo era dar unha formación teórico-práctica, na que a través dos conceptos teóricos, que posteriormente se foron poñendo en práctica, cada asistente tivera a oportunidade de elaborar a súa propia programación didáctica coa aplicación informática tocando todos os aspectos necesarios para o seu desenvolvemento: distribución do currículo en Unidades Didácticas; deseño das Unidades Didácticas e das actividades e tarefas relacionadas; instrumentos de avaliación; mínimos exixibles, etc.
Esta formación está dispoñible no noso catálogo de formacións de Babot. Non dubides en consultarnos se resulta da túa interese!