Proxecto Piloto Babot: Educación viaria

Nesta entrada falaremos do deseño do "Proxecto Piloto Babot: Educación viaria" para a súa implantación e os resultados obtidos no seu proceso.

O deseño do Proxecto Piloto Babot: Educación viaria

Este proxecto foi deseñado polo equipo pedagóxico de Dismedia e é un proxecto pertencente ao catálogo de proxectos da Plataforma Babot by Dismedia.

O Proxecto Piloto Babot: Educación viaria foi implantado co alumnado de 5º de Primaria do CEIP Frian-Teis durante o curso 2015-2016 coma forma de achegamento á metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, á robótica educativa e á programación informática mediante o tema central e transversal da educación viaria.

O proxecto centrouse no alumnado, os contidos relacionáronse e conectáronse coa experiencia, coa realidade e cos intereses dos alumnos e das alumnas, favorecendo en todo momento a aprendizaxe significativa e por descubrimento. Para conseguir que realmente fora así, realizouse unha colaboración moi estreita coas titoras do curso, que propuxeron ideas e aportaron o feedback necesario para que a implantación do proxecto resultara axeitada.

A súa estrutura en fases (preparación, desenvolvemento e valoración), dota ao proxecto de continuidade, propiciando que o alumnado fora consciente dos pasos a seguir no seu desenvolvemento.

Orientouse a traballar aspectos tales coma: a investigación; a documentación e a recollida de información; a xeometría; a expresión oral e escrita; o uso das Novas Tecnoloxías e as TIC; a programación informática con Scratch e a robótica co robot educativo Zowi.

Este proxecto, coma os demais existentes na Plataforma Babot, trata os contidos do currículo oficial de forma transversal, contemplando para este proxecto en concreto materias coma: Ciencias Naturais; Ciencias Sociais; Lingua Galega; Lingua Castelá; Matemáticas; Educación Física e Educación Plástica.

Resultados obtidos

O obxectivo xeral do proxecto era aproximar ao alumnado á metodoloxía ABP traballando a educación viaria mediante a programación informática e a robótica, obxectivo que se alcanzou con éxito.

Non soamente este obxectivo, senón que cabe destacar as seguintes cuestións: Proxecto Piloto Babot: Educación viaria

  • Consolidou a primeira fase da implantación do traballo cooperativo na aula. Durante o curso comezaron a traballar de forma cooperativa e o proxecto consolidou esta metodoloxía dentro da dinámica de aula. O alumnado decidiu moitos aspectos do proxecto e foron capaces de adaptar e modificar as súas decisións para resolver os problemas que foron xurdindo ao longo do proxecto.
  • Conseguiuse a implicación e colaboración das familias durante o desenvolvemento do proxecto, na elaboración de maquetas, na organización dun "fotomaratón" na fin de semana, entre outros moitos aspectos.
  • Nas distintas fases do proxecto destacaron rapaces e rapazas mostrando habilidades que no resto do curso ou actividades pasaran totalmente desapercibidas, promovendo coma cabe supoñer, un aumento na súa autoestima e na súa motivación.
  • Un aprendizaxe global, conectado coa experiencia e coa realidade, non soamente dos alumnos e das alumnas, senón tamén das mestras que colaboraron na súa implantación.
  • O alumnado mostrou unha gran motivación e implicación co proxecto, sentíndoo propio e comprometéndose con el dende o principio.
  • Conseguiuse a integración e convivencia do analóxico e o dixital: o traballo manual co deseño do prototipo da maqueta e a inclusión da programación informática e da robótica conviviron durante todo o proceso dun xeito natural e foron aceptados co mesmo interese por parte do alumnado.

 

Neste enlace poderedes ver o traballado polo alumnado durante o proxecto.

Se queredes máis información podedes visitar o proxecto Piloto Babot: Educación viaria no noso catálogo.