Proxectos Babot no Divino Maestro de Lugo

Nesta entrada queremos presentar os resultados da implantación durante este curso escolar dos Proxectos Babot no Divino Maestro de Lugo, no que participaron todos os cursos de Infantil, Primaria e Secundaria.

Posto que a cidade de Lugo é paso do Camiño de Santiago, os e as docentes de Infantil e Primaria aproveitaron os nosos proxectos para  traballar cos seus alumnos e alumnas aspectos relacionados con el.

Os cursos , e de Infantil participaron nos proxectos A nosa guía de viaxe, na que o produto final foi un gran mapa dos Camiños de Santiago. Ademais investigaron sobre a contorna, a gastronomía e curiosidades. Unha experiencia moi enriquecedora para mestras e alumnado, coma podedes ver nestas imaxes.

  

 

 

e de Primaria levaron a cabo os proxectos A nosa contorna natural, proxecto que tamén relacionaron co Camiño de Santiago, sendo o produto final a participación dos rapaces e rapazas na gran feira de turismo organizada no colexio, no que presentaron información recadada durante o proxecto relacionada coa fauna e flora. Un gran traballo de investigación que aportou gran cantidade de información interesante á feira. Ademais, os rapaces e rapazas de 2º organizaron un contacontos!

   

 

Os alumnos e alumnas de e de Primaria participaron no proxecto O robot viaxeiro, co obxectivo de organizar unha gran feira de turismo sobre o Camiño de Santiago, na que participaron os demais cursos de Primaria. Investigaron acerca de aspectos relacionados coa gastronomía, folclore, patrimonio cultural, personaxes históricos... Estes proxectos tiñan de invitados a o robot Zowi e mBot, que lles axudaron a iniciarse na robótica educativa e na programación informática. Deixamos unhas imaxes da gran feira de turismo!

 

  

 

Os grupos de e de Primaria participaron nos proxectos O cine, co obxectivo de realizar unha curtametraxe documental sobre o Camiño de Santiago. Investigaron sobre os aspectos que poderían introducir nos documentais, tomando decisións, elaborando o guión, participando na rodaxe, etc. Unha vez producidos as curtametraxes foron presentadas á comunidade educativa na gran feira de turismo, causando gran impresión entre o público asistente.

 

Por último, os alumnos e alumnas de , , e da ESO tamén participaron nos proxectos O cine. Elaboraron curtametraxes en Lingua Galega relacionadas cunhas temáticas moi interesantes: autoestima, solidariedade, convivencia e igualdade. O proxecto rematou cunha gran gala final ao estilo dos Óscar, no que os proxectos escollidos de cada curso alzaban estatuíllas á mellor banda sonora, mellor guión, mellor interpretación, mellor realización e mellor curtametraxe. Todo un éxito que ata foi noticia na Voz de Galicia!

Foto de Alberto López para a Voz de Galicia

 

Temos que facer unha mención especial á entrega e dedicación dos mestres e das mestras do Divino Maestro, xa que foron capaces de motivar, guiar e acompañar ao seu alumnado para levar a cabo todos estes proxectos. O proceso foi altamente enriquecedor para o alumnado e profesorado e esperamos que servira de motivación para arrincar con novos proxectos durante os vindeiros cursos.