Proxectos Babot para 5º de Primaria

Presentaremos aquí o catálogo de Proxectos Babot para 5º de Primaria deseñados polo Equipo Pedagóxico de Dismedia.

Proxectos Babot para 5º de Primaria

Para o curso 5º de Primaria a nosa plataforma Babot conta cun total de 5 proxectos, dos cales, dous deles foron deseñados a medida para distintos centros educativos de Galicia.

Teñen unha carga horaria total 116 horas lectivas cun tratamento transversal das distintas áreas curriculares. Estes proxectos están deseñados baixo a perspectiva das Intelixencias Múltiples, tendo en conta tamén as distintas competencias básicas concretadas para o currículo de Primaria.

Proxectos Babot para 5º de Primaria

Piloto Babot: Educación Viaria

Este piloto foi o primeiro proxecto Babot en porse en marcha nun centro educativo.  Foi deseñado a medida para o Ceip Frian-Teis de Vigo, conforme aos intereses e inquietudes mostradas polas docentes encargadas no seu momento de 5º de Primaria.

O obxectivo xeral pretendido é traballar a educación viaria mediante a programación informática e a robótica.

Entre os seguintes, atopamos algúns dos obxectivos que se persiguen co seu desenvolvemento:

  • Favorecer o traballo cooperativo. A
  • Aproximar ao alumnado á robótica e á programación informática.
  • Desenvolver a creatividade e o espírito emprendedor.
  • Promover no alumnado actitudes responsables de cara a educación viaria.

Entre as áreas curriculares que se traballan mediante este piloto atopamos as seguintes:

  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Sociais
  • Lingua Galega
  • Lingua Castelá
  • Matemáticas
  • Educación Física
  • Educación Plástica

Dado que este proxecto piloto foi deseñado a medida, os estándares de aprendizaxe relacionados con estas áreas terían unha presenza total dun 10,9% e o proxecto contaría cunha temporalización estimada dunhas 16 horas.

Se queredes acceder a máis información sobre este proxecto piloto facede click aquí.

Educación viaria

Este proxecto supón a versión estendida do "Piloto Babot: Educación Viaria" para o que se ampliou a concreción curricular e a carga de horas lectivas. Ao igual que o piloto, trata a educación viaria mediante a programación informática e a robótica educativa.

Entre os seus obxectivos específicos podemos atopar:

  • Investigar e recoller información.
  • Traballar a xeometría.
  • Mellorar a expresión oral e escrita.
  • Traballar cas NNTT e as TIC.

As áreas curriculares traballadas son as seguintes:

  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Sociais
  • Lingua Galega
  • Lingua Castelá
  • Matemáticas
  • Educación Física
  • Educación Plástica

Respecto dos estándares de aprendizaxe, este proxecto contempla un 11,6% dos relacionados cas áreas curriculares traballadas no proxecto.

Podedes atopar máis información aquí.

O cine

Este proxecto ten o obxectivo xeral de que os alumnos e alumnas leven a cabo unha produción cinematográfica de elaboración propia.

Algúns dos obxectivos perseguidos con este proxecto son:

  • Iniciar ao alumnado na linguaxe cinematográfica.
  • Fomentar e promover a intelixencia emocional, a empatía e a expresión de sentimentos.
  • Aproximar ao alumnado aos medios audiovisuais e ás súas ferramentas básicas.

Co proxecto "O cine" trabállanse as seguintes áreas do currículo:

  • Ciencias Naturais
  • CIencias Sociais
  • Lingua Galega
  • Lingua Castelá
  • Educación Física
  • Educación Plástica
  • Educación Musical

Estarían contemplados un 27,3% dos estándares de aprendizaxe relacionados con estas áreas curriculares.

Podedes atopar máis información sobre este proxecto premendo neste enlace.

Imos de excursión

O proxecto "Imos de excursión" pretende ser un acercamento ao ABP mediante a planificación por parte do alumnado dunha excursión que resulte de interese para o gran grupo.

Ten, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Promover no alumnado a autonomía na planificación de actividades de ocio e tempo libre.
  • Facilitar un ambiente cooperativo.
  • Favorecer a resolución pacífica de conflitos chegando a acordos.

As áreas curriculares que se traballan de forma transversal neste proxecto son:

  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Sociais
  • Lingua Galega
  • Lingua Castelá
  • Matemáticas
  • Educación Plástica

Contémplanse neste proxecto un 12,1% dos estándares de aprendizaxe relacionados con esas áreas anteriormente citadas.

Para atopar máis información de interese acerca do proxecto fai click aquí.

A radio

O último dos Proxectos Babot para 5º de Primaria é "A radio". Este proxecto foi deseñado a medida para o Ceip Plurilingüe de Tarrío, cuxo obxectivo xeral era o de promover a Lingua Galega mediante a posta en marcha dun programa de radio na clase.

Algúns dos obxectivos específicos que se pretenden alcanzar con este proxecto son:

  • Promover o uso da Lingua Galega.
  • Achegar ao alumnado á linguaxe propia dos medios de comunicación.
  • Promover a colaboración e o traballo cooperativo.

Con este proxecto trabállanse de forma transversal as seguintes áreas:

  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Sociais
  • Lingua Galega
  • Primeira Lingua Estranxeira
  • Educación Musical

Este proxecto contempla un 23,1% dos estándares de aprendizaxe das áreas curriculares anteriormente citadas.

Podedes atopar máis información aquí.