Proxectos Babot para 6º de Primaria

Explicaranse nesta entrada cada un dos Proxectos Babot para 6º de Primaria contidos na plataforma Babot by Dismedia.

Proxectos Babot para 6º de Primaria

O curso 6º de Primaria conta cun total de 3 proxectos, cunha carga lectiva estimada dunhas 75 horas totais. Mediante estes proxectos, que teñen o obxectivo común de ser un achegamento á Aprendizaxe Baseada en Proxectos, traballaranse as distintas áreas curriculares de forma transversal.

Proxectos Babot para 6º de Primaria

O cine

O seu obxectivo xeral é que o alumnado se achegue ao ABP mediante a produción dun proxecto audiovisual de elaboración propia, que neste caso concreto será unha curtametraxe.

Entre os obxectivos específicos relacionados poderemos atopar:

  • Iniciar ao alumnado na linguaxe cinematográfica e nas súas ferramentas básicas.
  • Favorecer o traballo cooperativo e a resolución pacífica dos conflitos.
  • Fomentar a intelixencia emocional mediante a dramatización de personaxes.

As áreas traballadas con este proxecto son:

  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Sociais
  • Lingua Galega
  • Lingua Castelá
  • Educación Física
  • Educación Plástica
  • Educación Musical

Neste proxecto están representados un 23,2% dos estándares de aprendizaxe relacionados con estas áreas curriculares.

Podedes atopar máis información neste enlace.

Imos de excursión

O proxecto "Imos de excursión" ten como obxectivo que o alumnado planifique e leve a cabo unha excursión que resulte de interese para o gran grupo.

Entre os obxectivos específicos a alcanzar atopamos, entre outros, os seguintes:

  • Promover no alumnado a planificación autónoma de actividades de ocio e tempo libre.
  • Proporcionar ferramentas para o desenvolvemento autónomo do alumnado pola rúa.
  • Facilitar un ambiente comunicativo e cooperativo.

Con este proxecto trabállanse as seguintes áreas do currículo:

  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Sociais
  • Lingua Galega
  • Lingua Castelá
  • Matemáticas
  • Educación Plástica

Respecto dos estándares de aprendizaxe relacionados con estas áreas traballadas estarían contemplados nun 13,4%.

Podedes atopar máis información facendo clic neste enlace.

Educación viaria

O proxecto "Educación viaria" trata de aproximar ao alumnado á programación informática e a robótica mediante a educación viaria.

Algúns dos obxectivos a lograr son os seguintes:

  • Promover o traballo cooperativo entre o alumnado.
  • Desenvolver a creatividade e o espírito emprendedor.
  • Traballar cas NNTT e as TIC mediante a programación informática e a robótica educativa.

Entre as áreas que se traballan de forma transversal atoparemos as seguintes:

  • Ciencias Naturais
  • Ciencias Sociais
  • Lingua Galega
  • Lingua Castelá
  • Matemáticas
  • Educación Física
  • Educación Plástica

Con este último proxecto do catálogo de Proxectos Babot para 6º de Primaria traballaranse un 11,5% dos estándares de aprendizaxe relacionados cas áreas curriculares mencionadas anteriormente.

Podedes atopar máis información acerca deste proxecto aquí.