Proxectos elaborados nas nosas formacións

 

Durante o mes de setembro desenvolvemos o Curso de Formación Deseño e xustificación didáctica e curricular de proxectos ABP no Colexio Liceo La Paz de Coruña co profesorado de 1º, 2º e 3º de Primaria. Nesta entrada queremos ensinarvos os proxectos elaborados nas nosas formacións.

Proxectos elaborados nas nosas formacións

O grupo de 1º de Primaria desenvolveu un proxecto para fomentar a lectura entre o seu alumnado para o que deseñaron unha Feira do libro. Podes acceder ao contido elaborado no seguinte enlace: A feira do libro

O grupo de 2º de Primaria deseñou un proxecto para estudiar a historia da escola mediante a redacción dunha enciclopedia, que presentarán a todo o colexio na feira do libro organizada por 1º de Primaria, Podes acceder ao proxecto no seguinte enlace: A enciclopedia da historia do noso cole

Por último, o grupo de 3º de Primaria desenvolverá un mercado tradicional na que os seus alumnos e alumnas traballarán ampla variedade de contidos de maneira lúdica e participativa. Tamén podes ver o proxecto no seguinte enlace: Mercado tradicional

Esperamos que a implantación na aula sexa un éxito, e o alumnado aproveite tanto os proxectos coma traballo, esforzo e empeño puxeron os seus profes en deseñalos.